Fogar do Santiso

RESTAURANTES 360º

GASTRONOMÍA BASEADA NO NOSO PROXECTO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA CERTIFICADA

Fogar do Santiso abreu as portas en Maio do 1996 como proxecto familiar de restauración co obxetivo de por en valor a cultura galega, o rural e as tradicións labregas. Co paso do tempo convertíuse nun referente cultural e gastronómico en Galicia. A partires do 2007 comezou o camiño cara a sustentabilidade e como modelo na restauración e na dignificación do rural, comezando unha viaxe cara o autoabastecemento pasando a producir a súas propias materias primas en ecolóxico e a axudar a outros productores.

Restauración Ecológica

Aí replantexouse un Fogar a 100 anos, onde a difusión da cultura galega, a potenciación do consumo local e responsable, a defensa do medio ambiente e a recuperación das tradicións labregas fosen o eixo para contruír un futuro mellor para a nosa terra. Acadando un proxecto de gastronomía 360º baseado na economía circular e social como modelo para mellorar o planeta onde vivimos. No Fogar producimos, transformamos, alimentamos e reciclamos. Deixando unha mínima pegada ecolóxica e un residuo case cero.

Na actualidade Fogar do Santiso xestiona 5 restaurantes propios e un servizo de catering e eventos:

Huertas Ecológicas Galicia

HORTAS ECOLÓXICAS CERTIFICADAS

Libres de pesticidas

Realizamos un cultivo só con produtos fitosanitarios de orixe natural.

Libres de organismos modificados xenéticamente

Seleccionamos principalmente varietais autóctonas de Galicia, ou verduriñas que teñen unha tradición de cultivo noutras zonas.

Alimentadas por enerxías renovables

Os nosos paneis solares xeneran a enerxía necesaria para extraer a auga de acuíferos naturais, sen tratamento químico.