Consultoria de Empresas en Galicia

Consultoría especializada en ecoloxía, sostibilidade e medio ambiente

Durante décadas demos forma ó noso proxecto de economía circular e axudamos ás organizacións máis próximas a nós a ter un impacto positivo na sociedade e na contorna a través da sostibilidade. Desde o apoio a iniciativas de producción ecolóxica, ata a mentorización de cooperativas do sector primario con recoñecidos casos de éxito.

“Axudamos ás organizacións máis próximas a nós a ter un impacto positivo na sociedade e na contorna”

Consultoría de Medio Ambiente

Agora, que a sostibilidade é a linguaxe común para todos; alimentada polo Acordo de París, o acordo verde da UE, e unha crecente demanda dos consumidores. Decidimos poñer en valor o noso Know-How a través de FOGAR CONSULTORES para acelerar o xiro verde que precisa a nosa sociedade.

Estamos orgullosos de combinar a visión técnica da economía circular co análise e actuación do consulting. Para este obxectivo desenrolamos unha sólida aproximación para poder guiar ós nosos clientes cara transicións que sexan garantías de éxito.

XESTIÓN EMPRESARIAL

Ofertamos solucións integradas para crear transicións cara unha transformación corporativa. Identificamos os erros e as oportunidades de creación de valor dentro da cadea produtiva e desenrolamos novos estándares, operacións e modelos de negocio aplicados á eficiencia empresarial orientada a resultados.

  • Xestión empresarial
  • Xestión Técnica
Gestión Empresarial y Técnica
Avaliación e Estimación
Deseño de Estratexias
Transformación e Implementación
Actuación e Creación de Cultura
TRACKING DE PROGRESO E REDESEÑO

SOSTIBILIDADE

Responsabilidad Social Corporativa

Aliñamos os retos da tua empresa os retos de sostibilidade. Deseñamos, planificamos e executamos proxectos con impacto real. Capacitámosche na xestión dos riscos sociais e ambientais. Comunicamos o valor que xera a tua organización.

  • Integración Vertical de Procesos Productivos
  • RSC
  • Xestión de Residuos
  • Circuitos Curtos de Comercialización

DIXITALIZACIÓN

Imos mais aló de apoiar os procesos existentes con tecnoloxías dixitais. Melloramos os fluxos mediante o uso de novas tecnoloxías para crear unha eficiencia notablemente mellor para os traballadores e usuarios. Coñecemento, análise, axuste, corrección e xestión coma pasos e piares do noso propio proceso.

  • ERP
  • Marketing Dixital
  • Ecommerce
Digitalización de Negocios

ESTÁNDARES DE CALIDADE

Formación de Sostenibilidad

Analizamos e creamos procesos para acadar os estándares de calidade alimentaria esixidos polas autoridades sanitarias. A nosa traxectoria aportounos un expertise diferencial avalado polo noso modelo de restauración ecolóxica organizada que da de comer a centos de miles de persoas cada ano.

  • Deseño de Procesos
  • Plans de Calidade
  • Auditorías
  • Formación e Capacitación